TFG e TFM en empresas

Os plans de estudos de grao e mestrado do EEES conclúen coa presentación e a defensa dun traballo fin de estudos (TFG ou TFM), o cal e un bo momento para achegar a natureza destes traballos as necesidades reais dunha entidade externa. 

Nos casos nos que a realización destes traballos colaborativos requiran da realización dunha estadía nunha empresa, ésta deberá subscribir un convenio específico para tal efecto coa Universidade de Vigo. A tramitación deste tipo de convenio realizarase sempre á instancia dun profesor/a da Universidade de Vigo.

A autoría do TFG/TFM sempre será do estudantado, aínda que a entidade externa e este poderán asinar acordos polos que o estudantado lle cede os dereitos sobre o traballo á empresa ou á institución. Calquera acordo de tipo legal, como a cesión de dereitos, deberase convir na primeira toma de contacto entre a entidade externa e e o estudantado.
 

Como organizar un convenio para realizar un TFG/TFM nunha empresa ou entidade?


Empresa/Institución

A empresa ou a institución deberá contactar cun profesor/a da Universidade de Vigo para que inicie o proceso de tramitación do convenio. 

Docente que tramita o convenio

A tramitación do convenio farase a través da aplicación de convenios. No caso de non estar dado de alta, enviarase unha solicitude á Área de Emprego e Emprendemento por correo electrónico a areaemprego@uvigo.gal

Participación da empresa na proposta de TFG/TFM

Unha vez subscrito o convenio de colaboración, a empresa ou a institución poderán promover tantas propostas como desexen. Para isto, por cada proposta de TFG/TFM utilizarase unha copia do anexo; unha vez cuberto, o anexo enviaráselle por correo electrónico ao/á docente contactado. Todas as suxestións de propostas de TFG/TFM, antes de ser elevadas a proposta, serán estudadas polas persoas coordinadoras das titulacións correspondentes para a súa confirmación.

Proposta de TFG/TFM por parte da empresa

No caso de non ter contactado con ningún profesor/a, a elaboración das propostas de TFG e TFM podería facerse a través do programa Colmea de Ideas, entre os meses de maio e agosto, antes do inicio do curso. 
 

Documentación

  • Convenio (gl | es | en)
  • Acordo interno (gl)
  • Anexo I (gl | es)
  • Protocolo de confidencialidade (gl | es)

Preguntas frecuentes sobre as estadías para realizar o TFG e o TFM

Si, a realización dos TFG e TFM, aínda que estes inclúan estadías en entidades externas, non son prácticas académicas e polo tanto estas estadías non están reguladas nin polo RD 592/214 que as regula, nin polas normativas internas de prácticas. 
 

No caso de non estar dado de alta, deberá solicitalo ao personal da Área de Emprego e Emprendemento por correo electrónico ao enderezo areaemprego@uvigo.gal
 

Ao igual que as prácticas curriculares, os TFG e TFM son materias dos plans de estudos, polo que a súa xestión, como a do resto das materias, lles corresponde aos centros. 
 

Non, existe un documento elaborado especificamente para formalizar a colaboración específica entre un alumno/a e unha empresa coa que xa se teña asinado un convenio de TFG/TFM. 
 

Non, os ECTS da materia TFG/TFM reflicten o máximo de horas que o alumnado podería estar na empresa. Non obstante, a duración da estadía depende do acordado polo centro ou especificamente polas persoas titoras. Sempre pode ser inferior se na distribución dos ECTS se ten en conta o traballo autónomo do alumnado fóra da entidade externa.
 

Si, a entidade colaboradora poderá esixirlle ao estudantado e á persoa titora académico a formalización dun documento dese tipo para garantir a protección daquela información que considere confidencial e á que puideran ter acceso durante a elaboración do TFG ou TFM. Isto non é incompatible coa posibilidade de activar posteriormente un protocolo de confidencialidade, orientado a protexer a información confidencial que puidera figurar na memoria do TFG ou TFM durante a súa tramitación administrativa posterior (acceso dos membros do tribunal avaliador e acto de defensa pública) e a súa conservación.


 

Máis información:

Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Linkedin