Eures

Logo de EURES Portal Europeo de la movilidadEures (Servizo de Emprego Europeo) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membros que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.

Dentro da rede Eures enmárcase o Servizo Eures Transfronteirizo, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios.

Existen en toda Europa vinte Eures Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de Galicia-Norte Portugal por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza. 

 

Son organismos socios de Eures-T Galicia-Norte de Portugal:

  • Instituto do Emprego e Formaçao Profissional
  • Servicio Público de Empleo Estatal
  • Xuntal de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
  • Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Associaçao Industrial do Minho
  • Associaçao Empresarial do Alto Tamega
  • Associaçao Empresarial de Viana do Castelo
  • Uniâo Empresarial do Vale do Minho
  • Universidade de Vigo
  • Universidade do Minho
  • Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
  • Fegamp
  • Associaçao de Municipios do Alto Minho

 

Convocatorias

cartel bolsas eures

 

2018: Convocatoria de 10 bolsas de axuda á mobilidade transfronteiriza para o alumnado da Universidade de Vigo no marco do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal

Convocatoria da Unidade de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo dentro do plan de actividades 2018 da Universidade de Vigo no marco do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal co obxectivo de fomentar a mobilidade transfronteiriza dos seus estudantes e ofrecerlles formación en interculturalidade.

Unha axuda económica de 400€ ao mes durante os meses de xullo e agosto para a realización de prácticas académicas externas extracurriculares en empresas e entidades ubicadas no norte de Portugal que solicitaran a súa adhesión ao programa.
Un obradoiro sobre interculturalidade de 12 horas de duración a desenvolver entre 27 e o 29 de xuño.

Documentación

 

 

Convocatoria da Universidade de Vigo para a adhesión de empresas e entidades con sede en Portugal ao programa de prácticas externas no marco de Eures-T Galicia-Norte de Portugal:

Convocatoria (Resolución):

Prazo de solicitude:  ata o 20 de maio de 2017