Auxiliares de conversa de lingua española en centros docentes no estranxeiro

UVigo - Emprego 26/11/2019

A Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional convoca ata 815 bolsas de auxiliares de conversación en centros docentes de Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Federación Rusa, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Celandia, Reino Unido, Suecia e Suíza. Realizaranse tarefas nas aulas coma axudantes de prácticas de conversación en español baixo a dirección dun titor ou titora.

Requisitos

  • Ter nacionalidade española.
  • Posuír unha das titulacións universitarias relacionadas no anexo I da convocatoria obtida nos cursos académicos 2016/17, 2017/18, 2018/19, cursar o último curso universitario no 2019/20 ou ter obtido o grao, licenciatura ou máster nunha das titulacións do anexo I no curso académico 2015/16 e ademais posuír ou cursar un título de máster oficial de ensinanza do español coma lingua estranxeira, no ámbito da didáctica de linguas estranxeiras, ou máster que habilite para o exercicio da función docente.

Información e solicitudes

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 18 de decembro de 2019.

Máis información aquí.