Axudas á investigación 2020/2021 da Fundación Banco Sabadell

UVigo - Emprego 18/11/2020

A Fundación Banco Sabadell convoca 15 axudas para investigadores/as de nacionalidade española que estean a realizar a tese de doutoramento nunha universidade ou nun centro científico español e que xa cursaran o primeiro ano dos estudos de doutoramento. O ámbito de aplicación das axudas é exclusivamente en ciencias sociais e humanidades.

Características das bolsas

As axudas destinaranse a financiar traballos de investigación, estadías en universidades ou en centros científicos españois ou estranxeiros e outras actividades relacionadas coa realización da tese de doutoramento. A Fundación valorará especialmente os traballos que axuden a entender os grandes desafíos culturais, económicos, políticos ou sociais do noso tempo ou que sexan capaces de ampliar de forma significativa o campo de coñecemento ao que pertencen.

  • A duración máxima das axudas é dun ano. 
  • A contía individual das axudas é de 6000 € brutos e o pagamento efectuarase o 50 % en xullo de 2021 e o 50 % restante en xuño de 2022.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de decembro de 2020.

Máis información aquí.