Axudas Programa CNIC Cicerone 2019 para estudantes universitarios/as

25 de febreiro de 2019

UVigo - Emprego 06/03/2019

O CNIC (Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares) ofrécelles ao estudantado de mestrado e dos últimos cursos de graos universitarios relacionados coa biomedicina, a posibilidade de entrar en contacto coa investigación biomédica e completar a súa formación a través da realización de prácticas de laboratorio e asistencia a seminarios durante os meses de verán.

Requisitos

  • Ser estudante universitario/a de grao, licenciatura ou mestrado relacionados coas ciencias biomédicas ou áreas relacionadas con este campo (física, química, enxeñarías).
  • Ter aprobados o 50 % de todos os créditos de grao o día 20 de marzo de 2019.
  • Posuír unha nota media dos créditos cursados igual ou superior a 8 en escala 1-10.

Dotación

As candidaturas seleccionadas recibirán una subvención económica de 1500 euros. O CNIC abonaralles ás persoas participantes que residan fóra da provincia de Madrid os gastos de desprazamento a dito lugar ata un máximo de 500 euros.

Concederase un máximo de 29 prazas e desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2019 cunha duración de 240 horas de formación.

Prazo

Ata o 15 de abril de 2019.


Más información dende a páxina web.