Bolsa de emprego para a contratación temporal de técnicos/as de Turismo no Concello de Ribeira

UVigo - Emprego 04/06/2020

O Concello de Ribeira realiza unha convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a contratación do persoal de atención ás oficinas municipais de información turística nos meses do verán 2020. Esta bolsa, logo do proceso selectivo, terá unha duración máxima de dous anos, prorrogable por dous anos máis ata o máximo de catro anos.

Descrición

Os contratos son de duración estimada de catro meses a xornada completa (40 horas semanais), que se prestarán en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá ou de tarde, todos os días da semana cos descansos que regulamentariamente correspondan. 

Requisitos

  • Nacionalidade dun Estado membro da UE
  • Titulación universitaria en Turismo, dobre grao en Ciencias Empresariais e Turismo, Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio, Historia ou titulacións de formación profesional de técnico/a superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou técnico/a en Empresas e Actividades Turísticas

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 10 de xuño de 2020.

Máis información aquí.