Bolsa de emprego temporal de dúas prazas para técnicos/as de Turismo no Concello de Oia
O Concello de Oia convoca un proceso selectivo de dous/dúas técnicos/as de Turismo con carácter de persoal laboral temporal, a tempo parcial. O sistema de selección será o de concurso. As tarefas consisten en información, animación e promoción turística.
Requisitos
- Ser membro dun país da Unión Europea e residente en España
- Posuír unha titulación de diplomatura ou grao en Turismo, ser técnico/a superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou técnico/a superior en Comercialización
- Acreditar o coñecemento da lingua galega cun nivel Celga 4
Duración
- A duración dos contratos será de tres meses naturais e 8 días (do 22 de xuño ó 29 de setembro)
- O horario de prestación dos servizos será de 30 horas semanais que se prestarán de luns a domingo
- O Concello establecerá os horarios en función das necesidades do servizo, tendo dereito a persoa empregada a un descanso de día e medio ininterrompido por semana
Inscrición e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O anuncio publicouse o 1 de xuño de 2020.
Máis información neste PDF.