Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo na EGAP

UVigo - Emprego 08/01/2021

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Requisitos

  • Título de grao ou licenciatura en dereito. Os estudos debéronse rematar con posterioridade a xaneiro do ano 2015. 
  • Posuír o Celga 4 ou equivalente.

Descrición

  • A contía da bolsa será de 1100 € mensuais. A bolsa iniciarase coa incorporación da persoa candidata e rematará o 31 de decembro de 2021.
  • As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770F.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 8 de febreiro de 2021.

Máis información aquí.