Bolsas aeroespaciais no INTA

UVigo - Emprego 28/10/2024

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas convoca 21 bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios do Instituto.

Requisitos:

  • Título oficial de formación profesional de grao superior ou título universitario oficial de graduado o graduada, sempre que terminasen os seus estudos nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  •  As bolsas van dirixidas, entre outras titulacións, a titulacións relacionadas coa Informática, química,aeroespacial, telecomunicacións, enxeñarías e o ámbito empresarial.

Características das bolsas:

  • A contía mensual é de 1260 € brutos para persoas cunha titulación universitaria e de 945 € brutos para persoas cunha titulación de ciclo superior.
  • A duración das bolsas será de dous anos e poderase prorrogar un ano máis.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de novembro de 2024 

Máis información aquí.