Bolsas para ampliar estudos artísticos en Estados Unidos

UVigo - Emprego 16/07/2020

O Ministerio de Cultura e Deporte convoca cinco bolsas para ampliar estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América para o curso 2020/2021, nas seguintes especialidades ou áreas de actividade: artes audiovisuais, artes escénicas, artes plásticas e visuais, música e musicoloxía, museoloxía e conservación do patrimonio.

Requisitos

  • Nacionalidade española
  • Titulación superior expedida por unha universidade española ou recoñecido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional
  • Posuír unha carta de acceso ou unha invitación dun centro estadounidense

Características da bolsa

  • A dotación da bolsa inclúe unha asignación mensual,un importe de viaxe de ida e de volta, un importe de matrícula e de seguro de enfermidade e de accidente.
  • A duración das bolsas será de 6 a 12 meses
  • O período de goce das bolsas será entre o outono de 2020 e o outono de 2021 (é posible que este período deba modificarse debido á pandemia da covid-19)

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de agosto de 2020. 

Máis información e inscrición aquí.