Bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios

UVigo - Emprego 04/07/2022

O Ministerio de Educación convoca 2431 bolsas destinadas a facilitar a colaboración do estudantado universitario nos departamentos universitarios, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, coa finalidades de iniciarse en tarefas de investigación vinculadas cos estudios que estean a cursar e facilitando a súa futura orientación profesional ou investigadora.

Características do programa

As persoas que resulten beneficiarías da axuda deberán prestar a súa colaboración a razón de tres horas diarias durante sete meses e medio a contar dende a data de incorporación ao departamento correspondente como persoa becaria de colaboración, nos termos recollidos no proxecto de colaboración na universidade na que estean matriculadas no curso 2022/2023. 

A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2000 €.

Poderá solicitar bolsas de colaboración o estudantado universitario que no curso 2022/2023 estea matriculado no último curso de estudos de grao ou no primeiro curso dun mestrado universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos: 

  • 7,25 puntos para a rama de enxeñaría e arquitectura ou ensinanzas técnicas.
  • 7,70 puntos para as ramas de ciencias ou ciencias experimentais e para ciencias sociais e xurídicas
  • 7,80 puntos para a rama de ciencias da saúde
  • 8,00 puntos para a rama de artes e humanidades

A solicitude deberase cumprir mediante formulario a través da sede electrónica no apartado correspondente a «Trámites e servizos». Achegarase xunto coa solicitude en ficheiro formato PDF, o anexo facilitado pola aplicación informática cun esquema do proxecto de colaboración para desenvolver e a avaliación deste polo departamento.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de setembro de 2022.

Máis información aquí.