Bolsas de colaboración na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva 

UVigo - Emprego 16/07/2020

A Secretaría Xeral para o Deporte convoca 6 bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/2021.

Estas bolsas destinaranse a estudantes de ensinanzas universitarias ou de ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos e das deportistas menores de idade.

Requisitos

  • Ter entre 19 e 30 anos no momento de presentar a solicitude
  • Estar empadroado/a en Galicia no momento de presentar a solicitude
  • Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou nunha escola universitaria ou un ciclo formativo.
  • Non ser beneficiario/a dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.

Información e solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 10 de agosto de 2020.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento DE400A

Máis información aquí.