Bolsas no Congreso dos Deputados/as
Catro bolsas para a realización de estudos e tarefas aplicadas de carácter documental, estatístico, informativo e analítico relacionadas cos órganos e actividades da Unión Europea en xeral e co sistema constitucional e parlamentario español.
Requisitos:
- Licenciatura, grao ou título equivalente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021.
- Acreditar preparación teórica específica en materias relacionadas cos órganos ou actividades da Unión Europea e o sistema constitucional e parlamentario español e, no seu caso, experiencia práctica sobre tales materias.
- Posuír unha competencia suficiente en lingua castelá e en lingua inglesa, como mínimo, - e noutras linguas de países membros da Unión Europea.
- Nacer despois do 1 de xaneiro de 1994.
Tres bolsas para a formación práctica en actividades documentais, bibliográficas e arquivísticas da cámara.
Requisitos:
- Estar en posesión dunha das titulacións seguintes:
- Título universitario de nivel 3 (mestrado) ou superior, en calquera das ramas de ciencias sociais e xurídicas ou de humanidades.
- Título universitario de nivel 2 (grao) en calquera das ramas de ciencias sociais e xurídicas ou de humanidades.
- Polo menos unha das titulacións ten que terse obtido no curso académico 2016/2017 ou posterior
- Ter un expediente académico cunha nota media mínima de 7
Seis bolsas individuais de formación práctica sobre comunicación institucional relacionada coa actividade parlamentaria.
Requisitos:
- Estar en posesión do título universitario de Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.
- Nacer con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1996.
Todas as bolsas terán as seguintes características:
- Duración das bolsas:12 meses.
- Contía mensual bruta:1500 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2024
Máis información aquí.