Bolsas en control analítico de produtos obxecto de comercio exterior

UVigo - Emprego 22/06/2020

A secretaría de Estado de Comercio convoca 23 bolsas de especialización en control analítico de produtos obxecto de comercio exterior. A finalidade das bolsas é promover a formación e o perfeccionamento técnico profesional en materia de control de calidade de produtos agroalimentarios e industriais.


Requisitos

  • Título de grao ou licenciatura en Ciencias Químicas, Biolóxicas, Farmacia, Veterinaria, Física, Enxeñerías ou calquera outra titulación universitaria superior relacionada coas ciencias experimentais
  • Acreditar experiencia práctica de laboratorio. Valoraráse especialmente a adquirida nas técnicas analíticas sinaladas na convocatoria
  • Considéranse méritos específicos adicionais a realización de cursos formativos sobre técnicas analíticas, cursos sobre calidade nos laboratorios, coñecementos de inglés técnico e de informática a nivel de persoa usuaria.

Duración

  • As bolsas terán unha duración máxima de dous anos

Dotación económica

  • A contía da bolsa será de 1234,96 € brutos mensuais

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 3 de xullo de 2020.

Máis información aquí.