Bolsas de dereito no Tribunal Constitucional
O Tribunal Constitucional convoca seis bolsas de formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa investigación e co tratamento xurídico da doutrina constitucional.
Requisitos:
- Estar en posesión do título de Grao en Dereito.
- Finalizar os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.
- Posuír coñecementos de inglés ou de francés correspondentes ao nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (First Certificate, puntuación mínima de 87 no TOEFL Internet Based Test, Delf B.2, ou equivalentes).
Características das bolsas:
- Dotación: 1260 euros brutos mensuais
- Duración: seis meses prorrogables.
O prazo de presentación de soclitudes estará aberto ata o 7 de novembro de 2024
Máis información aquí.