Bolsas DigiTalent para o estudantado

UVigo - Emprego 05/03/2020

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca 32 bolsas (bolsas DigiTalent) para a realización de prácticas formativas en 21 empresas do sector TIC que estean a desenvolver proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como BigData, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións Cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, economía colaborativa ou wearables.

Requisitos

  • Estar matriculado/a no curso 2019/20 e ter aprobado máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos de grao aprobados nunha universidade pública de Galicia pertencentes ás seguintes áreas de coñecemento: 
    • Ciencias Sociais e Xurídicas (grao en Administración e Dirección de Empresas, grao en Economía, grao en Consultoría e Xestión da Información etc)
    • Enxeñaría e Arquitectura
    • Artes e Humanidades (grao en Información e Documentación, grao en Filosofía etc)
    • Ciencias (grao en Física, Química, Matemáticas, Bioloxía etc)
    • Ciencias da Saúde (grao en Medicina, grao en Psicoloxía etc)
  • Ter menos de 31 anos
  • Non ter desfrutado doutra bolsa de formación de Feuga para estudantado universitario durante máis de 9 meses

Onde e cando?

  • As persoas bolseiras recibirán formación teórico-práctica e contarán co asesoramento, orientación e dirección dos responsables das empresas TIC.
  • O período de formación práctica terá unha duración de 3 meses

Dotación

  • A contía mensual da bolsa será de 455 €

Información e solicitudes

Suspensión dos prazos para tramitar os procedementos (ver aviso)

As bolsas formalizaranse coma bolsas FEUGA e será imprescindible estar rexistrado/a no portal de bolsas Feuga, no enderezo da internet www.becasfeuga.es. As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co procedemento PR607A.

Podes consultar a convocatoria oficial no DOG.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de abril de 2020.

Máis información aquí.