Bolsas de EspazoCoop en cooperativas galegas

UVigo - Emprego 24/10/2024

O programa Talento Cooperativo da Unión de Cooperativas EspazoCoop lanzou a súa convocatoria para seleccionar catro persoas con estudos empresariais para catro bolsas de EspazoCoop en cooperativas galegas: Moaña, Vigo, A Coruña e Ferrol.

Requisitos:

  • Destinada a persoas menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, en situación de desemprego e con estudos en áreas de xestión empresarial.

Características das bolsas:

  • Remuneración: 700 € brutos ao mes
  • Horas: 25 horas semanais
  • Duración: do 1 de novembro de 2024 ao 30 de abril de 2025.

Prazo de solicitudes: ata o luns 28 de outubro de 2024.

Máis información aquí.