Bolsas de formación en ensaios de control sobre produtos obxecto de comercio exterior

UVigo - Emprego 10/05/2022

O Ministerio de Economía convoca 23 bolsas de especialización en materia de ensaios de control sobre produtos obxecto de comercio exterior.

As bolsas terán unha duración máxima de dous anos, sen posibilidade de prórroga e a súa asignación mensual será de 1234, 96 €.

As persoas bolseiras serán destinadas aos laboratorios das direccións territoriais e provinciais de Comercio así como ao Centro Analítico de Inspección e Control de Calidade de Comercio Exterior (laboratorio central) de Madrid.

Requisitos

  • As bolsas diríxense, entre outros, ás persoas tituladas en Bioloxía, Biotecnoloxía, Química, Ciencias Ambientais, Ciencias Agrarias ou de Tecnoloxía dos Alimentos, Física, Enxeñaría Eléctrica, Electrónica e Automática, Mecánica, Organización Industrial.
  • Ter concluído os estudos nos cinco anos anteriores á convocatoria.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de maio de 2022.

Máis información aquí.