Bolsas de formación do Instituto Cervantes

UVigo - Emprego 23/04/2019

O Instituto Cervantes convoca, en réxime de concorrencia competitiva, un total de 44 bolsas de formación coa finalidade de formar especialistas nas seguintes áreas de coñecemento e co seguinte reparto:

  • Contabilidade e tesourería: tres bolsas
  • Contratación e xestión patrimonial: unha bolsa
  • Arquivo: dúas bolsas
  • Orzamentos: unha bolsa
  • Dirección académica: unha bolsa
  • Hispanismo: unha bolsa
  • Certificación e acreditación académica: unha bolsa
  • Formación de profesores: dúas bolsas
  • Ordenación e proxectos académicos: unha bolsa
  • Ordenación e proxectos académicos/Certificación e acreditación: unha bolsa
  • Xestión comercial e mercadotecnia: tres bolsas
  • Comercio electrónico e mercadotecnia: unha bolsa
  • Prezos e seguimento de vendas: unha bolsa
  • Recursos humanos: dúas bolsas
  • Xestión e comunicación de actividades culturais: unha bolsa
  • Xestión cultural multidisciplinaria: tres bolsas
  • Documentación da actividade cultural: unha bolsa
  • Biblioteca e documentación: unha bolsa
  • Relacións institucionais e xestión de actividades: tres bolsas
  • Produción audiovisual: unha bolsa
  • Redacción e contido dixital: unha bolsa
  • Informática: dúas bolsas
  • Edición e audiencias da internet: unha bolsa
  • Contidos web: unha bolsa
  • Edición web: unha bolsa
  • Arquivo e documentación dixital: dúas bolsas
  • Proxectos terminolóxicos: unha bolsa
  • Convenios e relacións internacionais: dúas bolsas
  • Asesoría xurídica: unha bolsa
  • Relacións internacionais: unha bolsa

Persoas destinatarias

Persoas tituladas de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura nas materias e especialidades relacionadas coas bolsas, detalladas no anexo I da convocatoria, que terminasen os estudos conducentes á obtención do título requirido nos cinco cursos académicos anteriores.

Dotación da bolsa

A contía das bolsas é de 818 € brutos mensuais.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 9 de maio de 2019.

Máis información no BOE do 15 de abril de 2019 e aquí.