Bolsas de formación no Parlamento de Galicia

UVigo - Emprego 27/11/2024


O Parlamento de Galicia convoca bolsas para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria.

Modalidades de bolsa:

  • 2 bolsas de formación en comunicación institucional.
  • 2 bolsas de formación en publicacións.
  • 1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
  • 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
  • 1 bolsa adicional destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 % , con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.

Requisitos:

  • Para as bolsas de comunicación institucional requírese unha titulación universitaria nalgún dos seguintes graos: Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual ou equivalentes.
  • Para as bolsas de publicacións requírese unha titulación universitaria nalgún dos seguintes graos: Tradución e Interpretación, no que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1.ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega,  Lingua e Literatura Galegas, Estudos de Galego e Español, con itinerario en lingua galega e española ou equivalentes.
  • Para a bolsa de recursos humanos e contratación requírese unha titulación universitaria nalgún dos seguintes graos:  Dereito,  Ciencias Políticas e da Administración,  Dirección e Xestión Pública; ou equivalentes.
  • Para a bolsa de xestión parlamentaria requírese unha titulación universitaria nalgún dos seguintes graos:  Dereito,  Ciencias Políticas e da Administración,  Dirección e Xestión Pública; ou equivalentes.
  • As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2017/2018 ou en anos posteriores.

Información e solicitudes:

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de decembro de 2024.


Máis información aquí.