Bolsas de formación para persoas posgraduadas no CIS

UVigo - Emprego 13/11/2019

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) convoca, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, dez bolsas destinadas a posgraduados e posgraduadas para a formación en métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.

  • O período de duración das bolsas de formación comezará en febreiro de 2020 e rematará o 31 de decembro de 2020.
  • O desenvolvemento das bolsas terá lugar nas dependencias do CIS en Madrid cunha dedicación acorde coas actividades propostas no plano de formación.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 26 de novembro de 2019.


O CIS facilitará información sobre a convocatoria a través do Departamento de Publicacións e Fomento da Investigación, nos teléfonos 91 580 76 96/15, por correo electrónico ao enderezo fomento_investigacion@cis.es e a través da páxina web  www.cis.es