Bolsas de formación práctica no Tribunal Constitucional

UVigo - Emprego 08/10/2020

O Tribunal Constitucional convoca as seguintes bolsas de formación práctica:

1 bolsa de formación en tarefas relacionadas co dereito constitucional comparado e a actividade internacional do tribunal

Realizaranse actividades de formación teórico-práctica para desenvolver estudos e traballos relacionado co dereito constitucional comparado e a actividade internacional do Tribunal Constitucional.

Requisitos

  • Posuír unha titulación de grao ou de licenciatura en dereito ou en relacións internacionais
  • Posuír coñecementos de inglés ou de francés correspondentes ao nivel B2 

6 bolsas relacionadas coa investigación e co tratamento xurídico da doutrina constitucional

Realizaranse actividades de formación xurídica teórico-práctica relacionadas coa recompilación, a clasificación e a publicación da doutrina do Tribunal Constitucional.

Requisitos

  • Posuír titulación de Grao/Licenciatura en Dereito.
  • Posuír coñecementos de inglés ou de francés correspondentes ao nivel B2 

1 bolsa de biblioteconomía e de documentación

Formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e tratamento bibliográfico das monografías e as publicacións periódicas da biblioteca do Tribunal Constitucional.

Requisitos

  • Posuír unha titulación universitaria en biblioteconomía e documentación

Requisitos comúns para todas as bolsas

  • Ter finalizados os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2015

Características das bolsas

  • A duración das bolsas será de 12 meses e poderanse prorrogar outros seis meses máis
  • A dotación das bolsas será de 1150 euros brutos mensuais

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 9 de novembro de 2020

Máis información aquí