Bolsas formativas da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios 

UVigo - Emprego 15/10/2020

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios convoca 14 bolsas formativas coa finalidade de adquirir capacidades e coñecementos relativos aos campos técnico-científico dos medicamentos de uso humano, veterinario e dos produtos sanitarios, xurídicos e normativos en materia farmacéutica e de administración, xestión de procedementos e contratación administrativa.

Ámbitos formativos

  • 11 bolsas para as titulacións de Farmacia, de Medicina, de Química, de Bioquímica ou de Bioloxía
  • 1 bolsa para as titulacións de Enxeñaría Biomédica, Industrial ou de Telecomunicación
  • 2 bolsas para a titulación de Dereito

Poderán presentar a súa solicitude as persoas con título universitario de grao ou de licenciatura, que finalizasen os estudos dentro dos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria. 

Características das bolsas

  • A duración das bolsas será de 4 anos
  • A contía das bolsas será de 1686,33 euros mensuais

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de novembro de 2020.

Máis información aquí.