Bolsas formativas do Consello de Seguridade Nuclear

UVigo - Emprego 26/11/2019

O Consello de Seguridade Nuclear convoca, en réxime de concorrencia competitiva, tres bolsas en materia de seguridade nuclear e tres bolsas en materia de protección radiolóxica dirixidas a persoas con titulación universitaria en física ou enxeñaría e ter finalizado os estudos nos seis anos anteriores á publicación da presente convocatoria.

A duración das bolsas será de 12 meses prorrogables e a súa dotación de 1223 € brutos mensuais máis gastos de transporte para aquelas persoas seleccionadas que realicen as prácticas nun lugar distinto a súa localidade de residencia.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 10 de decembro de 2019.

Máis información aquí.