Bolsas Fulbrigth para lectorados de español en Estados Unidos
A Comisión Fulbright convoca un máximo de 14 prazas para lectorados de español en universidades estadounidenses dentro do programa Fulbright Foreign Language Teaching Assistants (FLTA) durante o curso académico 2020/2021 por un período de nove meses.
As persoas participantes, ademais de adquirir experiencia na ensinanza de español a través da colaboración co Departamento de Lingua Española da universidade receptora, cursarán materias de estudos universitarios e participarán en actividades extracurriculares mentres axudan a fortalecer e a mellorar a calidade da ensinanza do español nas universidades participantes nesta convocatoria.
As bolsas poderán gozarse desde agosto/setembro de 2020 ata maio/xuño de 2021, dependendo do calendario da institución de destino.
A dotación da bolsa será de 4.000 US$ máis a axuda complementaria de cada universidade (aloxamento, manutención, estipendio etc.), seguro de enfermidade e accidente.
Requisitos
- Nacionalidade española
- Titulación superior con experiencia laboral ou formación acreditada na ensinanza de idiomas.
- Bo nivel de inglés demostrable con exame TOEFL (mínimo 90) ou ILTS (mínimo 6,5).
Solicitudes
As solicitudes poderán presentarse ata o 17 de outubro de 2019.
Máis información aquí.