Bolsas Fundación SEPI - ICO 2020

UVigo - Emprego 04/12/2020

A Fundación SEPI convoca 20 bolsas do Programa Instituto de Crédito Oficial 2020/2023


Características das bolsas

  • A duración inicial da bolsa será de seis meses, prorrogables por outros dous períodos consecutivos de seis meses cada un
  • A data estimada de inicio das prácticas prevese para a última semana de febreiro de 2021
  • As prácticas desenvolveranse en Madrid, na sede do ICO, da FUNDACIÓN ICO ou de AXIS
  • A contía mensual bruta será de 714 €

Requisitos

  • Cidadanía da Unión Europea
  • Data de nacemento posterior ao 31 de decembro de 1992 (para os procesos de 2020)
  • Título universitario de Grao ou Mestrado en áreas de coñecemento de Comunicación e Información, Economía, Empresas, Dereito e Enxeñaría Informática. O título tivo que ser obtido nos catro anos anteriores ao proceso en curso
  • Nivel medio-alto de inglés
  • Nivel de usuario en informática

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de xaneiro de 2021
Máis información e inscrición aquí.