Bolsas Fundación SEPI - Talentum 2020

UVigo - Emprego 28/04/2020

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao programa Telefónica Talentum 2020. 

O programa vai destinado a mozos e mozas con titulación universitaria ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS pendentes de aprobar, tamén para persoas tituladas de grao medio ou superior de formación profesional.

O obxectivo do programa é ofrecer formación práctica nun entorno de innovación e emprendemento nas empresas pertencentes ao Grupo Telefónica e nas empresas/aceleradoras/institucións adheridas ao programa. A formación poderá realizarse en España ou no estranxeiro.

As bolsas son remuneradas e a contía variará en función das horas semanais e de se se levan a cabo en España ou no estranxeiro.

A duración das bolsas será entre 3 e 12 meses.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de decembro de 2020.

Máis información aquí.