Bolsas Fundación SEPI-Telefónica 2020

UVigo - Emprego 28/07/2020

A Fundación SEPI, en colaboración con Telefónica de España, convoca as bolsas correspondentes ao Programa Telefónica 2020.

O programa ten coma finalidade facilitarlles aos mozos e mozas con titulación universitaria ou ao estudantado cun máximo de 30 créditos ECTS pendentes de aprobar ou con titulación de grao superior de formación profesional, períodos de formación práctica, coma bolseiros e bolseiras, en centros de traballo de Telefónica baixo a supervisión de persoas titoras.

A Fundación e Telefónica fomentarán a participación neste programa de persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e tamén de deportistas de alto nivel.

Características das bolsas

  • A duración das bolsas será de seis meses, puidendo prorrogarse por outros seis meses máis.
  • A formación práctica poderase levar a cabo nalgún dos centros que Telefónica ten establecidos en España.
  • A asignación económica mensual será de 975 € para as persoas beneficiarias con titulación de máster, licenciatura ou enxeñaría superior, de 875 € para as persoas con títulación de diplomatura, enxeñaría técnica ou grao ou estudantes de máster e de 800 € para as persoas que ostenten a condición de estudantes de grao e para as tituladas de grao superior de FP. 
  • O inicio do desenvolvemento das bolsas prevese para o 5 de outubro de 2020.

Requisitos

  • Nado/a con posterioridade ao 31 de decembro de 1990
  • Titulación académica obtida con posterioridade ao 31 de decembro de 2015
  • Nivel medio/alto do idioma inglés

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de setembro de 2020

Máis información aquí.