Bolsas de investigación da Deputación da Coruña

UVigo - Emprego 18/03/2020

A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a persoas con titulación universitaria e residencia nun concello da provincia da Coruña, que pretendan facer un traballo de investigación no período 2020/2021.

As bolsas distribúense nas seguintes áreas:

  • Artes e Humanidades: 5 bolsas
  • Ciencias: 3 bolsas
  • Ciencias da Saúde: 3 bolsas
  • Ciencias Sociais e Xurídicas: 5 bolsas
  • Enxeñaría e Arquitectura: 2 bolsas
  • Estudos de xénero: 2 bolsas

O obxectivo desta convocatoria é apoiar a actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.

A duración mínima das bolsas é de nove meses e a dotación económica de 8.000 € cada unha.

Requisitos

  • Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
  • Posuír titulación universitaria (licenciatura, diplomatura, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
  • Residencia en calquera concello da provincia da Coruña.

Información e solicitudes

Durante o período de estado de alarma todos os prazos administrativos están suspendidos.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 27 de maio de 2020 ás 14.00 h.

As bolsas tramitaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal 

Máis información aquí.