Bolsas no Parlamento de Galicia

UVigo - Emprego 15/06/2020

O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica para persoas con titulación universitaria. 

Modalidades das bolsas

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional
c) Dúas bolsas de formación en publicacións
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria
f) E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % (co fin de contribuír a súa integración laboral)

Requisitos e duración

  • As titulacións para aspirar ás bolsas deberon obterse no curso académico 2014-2015 ou en cursos posteriores
  • Cada unha destas bolsas terá unha duración de 12 meses

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de xullo de 2020.

Máis información aquí.