Bolsas relacionadas coa política agrícola común - Fondo Español de Garantía Agraria

UVigo - Emprego 30/11/2020

O Fondo Español de Garantía Agraria convoca 6 bolsas relacionadas coa política agrícola común e o seu financiamento.

Ámbitos formativos

  • 3 bolsas para persoas tituladas de grao en Economía, Ciencias Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Administración e Xestión Pública, Dirección e Xestión Pública ou Dereito
  • 3 bolsas para persoas cunha Enxeñaría Agrónoma, tituladas de grao en Veterinaria, Enxeñaría en Ciencias Agronómicas, Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Agroambiental, Enxeñaría Ambiental, Enxeñaría do Medio Natural ou Enxeñaría Forestal

Requisitos

  • Nacionalidade española ou dun estado membro da UE, residentes en España
  • Que a persoa solicitante rematase os seus estudos nos seis anos anteriores

Características das bolsas

  • A contía das bolsas será de 1150 euros brutos mensuais por persoa beneficiaria
  • A duración mínima será de once meses, prorrogables ata máximo dous anos

 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de decembro de 2020.
Máis información aquí.