Bolsas relacionadas coas artes plásticas da Fundación Botín

UVigo - Emprego 24/02/2020

Bolsas de artes plásticas

A Fundación Botín convoca 6 bolsas de artes plásticas destinadas á formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos) para artistas de calquera nacionalidade. 

Unha das bolsas destinarase prioritariamente a persoas españolas ou con residencia en España de como mínimo cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude da bolsa e menor de 30 anos, para traslado ao estranxeiro co obxecto de continuar co obxecto de continuar o seu traballo, estudo ou estancia en residencia.

A bolsa debe iniciarse no 2020 e terá unha duración de 9 meses prorrogables. O importe de cada bolsa é de 23.000 € comprendendo conceptos de viaxe, aloxamento, manutención etc.

Prazo de inscrición: ata o 8 de maio de 2020

Máis información e inscrición aquí.

 

Bolsas no estranxeiro para a formación especializada en comisariado de exposicións e xestión de museos

A Fundación Botín tamén abriu o prazo para presentar solicitudes á XVI Convocatoria de bolsas de comisariado de exposicións e xestión de museos. Ofrece unha bolsa no estranxeiro coa finalidade de apoiar a formación especializada para obter unha capacitación profesional na teoría e as técnicas relacionadas coa xestión de museos e a organización de exposicións dun modo integral (Curatorial Studies).

A dotación da bolsa será de 18.000 € máis un importe para o abono da matrícula no centro de formación elixido que deberá estar relacionado coa arte contemporánea.

A convocatoria vai dirixida a cidadás e cidadáns españois de ata 40 anos, con titulación de grao, licenciatura, diplomatura ou sexan estudantes de posgrao de, entre outras titulacións, Belas Artes.

Prazo de inscrición: ata o 22 de maio de 2020.

Máis información e inscrición aquí.