Bolsas SEPI Consorcio de Compensación de Seguros 

UVigo - Emprego 10/10/2019

A Fundación SEPI e o Consorcio de Compensación de Seguros convocan 22 bolsas dunha duración 12 meses en centros de traballo do consorcio, previsiblemente en Madrid, a Coruña, Oviedo, Sevilla, Valencia e Zaragoza. A dotación da bolsa é de 885 euros mensuais máis 180 € mensuais para as persoas beneficiarias que se despracen do seu domicilio habitual.

Requisitos

  • Titulación universitaria, entre outras áreas, en economía, empresa, dereito ou enxeñaría industrial.
  • Nivel medio-alto de inglés.
  • Nivel de usuario en informática.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de outubro de 2019.

Máis información na páxina do SEPI.