Bolsas Telefónica Talentum 2020 

UVigo - Emprego 17/09/2020

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Telefónica Talentum 2020 dirixido a mozos e mozas con título universitario de grao ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar, así como a persoas mozas con título de grao medio ou superior de formación profesional. 

O obxectivo do programa é ofrecer unha formación práctica nunha contorna de innovación e emprendemento nas empresas pertencentes ao Grupo Telefónica e nas empresas, aceleradoras ou institucións españolas ou estranxeiras adheridas ao programa.

Modalidades das bolsas

  • BAU: a persoa en formación práctica participará no equipo dunha startup, empresa  ou institución adherida ao programa
  • LAB: a persoa en formación práctica participará, co apoio dun mentor ou mentora expertos na disciplina, nun ou varios proxectos dentro dos equipos da startup, empresa ou institución que lle sexa asignada.

Características das bolsas

As bolsas terán unha duración de entre un mínimo de tres e un maximo de doce meses.

A dotación para as bolsas en España:

  • Para bolsas de 25 horas semanais: 750 € mensuais
  • Para bolsas de 35 horas semanais: 1100 € mensuais
  • Para bolsas de excelencia, 25 horas semanais: 1100 € mensuais

A dotación para as bolsas no estranxeiro:

  • Unha asignación mensual de 2500 € durante os meses en que o bolseiro ou bolseira desenvolva a súa práctica formativa no estranxeiro. Se antes de se desprazar fóra de España recibise formación práctica, a súa asignación será de 750 €.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de decembro de 2020.

Máis información aquí.