Concurso Wonnow 2019

UVigo - Emprego 03/06/2019

CaixaBank e Microsoft Ibérica convocan a segunda edición do premio Wonnow 2019 para mulleres estudantes de carreiras de ciencias, tecnoloxía, enxeñarías e matemáticas.

Cal é a súa finalidade?

Fomentar a igualdade de xénero e premiar a excelencia académica e persoal das estudantes de carreiras STEM.

En que consiste o galardón?

  • Un primeiro premio de 10 000 euros.
  • Dez becas remuneradas para traballar en CaixaBank no ámbito de formación de cada premiada.
  • Programa de mentoring con Microsoft.

Prazo de inscrición

Ata o 16 de xuño de 2019 (a organización podería estender o prazo se o considerase necesario).


Máis información aquí.