Contratacións temporais en AGACAL (axencia adscrita á Consellería do Medio Rural)

UVigo - Emprego 06/03/2020

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio Rural convoca un proceso selectivo para a contratación, por obra ou servizo de duración determinada, de dúas persoas con titulación superior (Técnico I), unha praza en produción de resinas naturais procedentes de coníferas (praza I) e outra en avaliación do comportamento dos lumes forestais (praza II), para participar no desenvolvemento dos obxectivos do Plan de Innovación e Mellora Forestal de Galicia 2018-2020.

Requisitos

  • Licenciatura en Ciencias Biolóxicas, Grao en Bioloxía, Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Agrónoma
  • Acreditar o coñecemento do idioma galego con Celga 4 ou equivalente
  • Carné de conducir (B)
  • Dispoñibilidade para desprazarse polo territorio nacional e o estranxeiro

Onde e cando?

  • O posto de traballo estará situado na sede do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán
  • Xornada laboral completa

Información e solicitudes

O prazo de inscricións permanecerá aberto ata o 23 de marzo de 2020.
Máis información aquí.