Convocatoria de bolsas do Instituto Xeográfico Nacional

UVigo - Emprego 22/07/2021

O Instituto Xeográfico Nacional convoca un programa de 16 bolsas de axudas para a formación e a investigación nos campos da astronomía, a xeodesia, a xeofísica, a cartografía e a xeomática, respondendo á necesidade de dar cobertura aos requirimentos de especialización en ciencias da terra e no universo.

Requisitos

Título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou enxeñaría técnica, neste último caso soamente se despois se obtivo o título universitario oficial de mestrado, nos catro anos inmediatamente anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Características das bolsas

  • O importe mensual de cada bolsa será de 1010 euros. 
  • A duración das bolsas será de 12 meses, prorrogable por períodos de 12 meses, ata un máximo de 36 meses adicionais. A concesión de prórrogas, en calquera caso, estará supeditada ás dispoñibilidades orzamentarias.
  • A data de inicio das bolsas será o 1 de novembro de 2021 ou a que se determine na resolución de adxudicación, no caso de ser posterior.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de candidaturas: ata o 5 de agosto de 2021.
Máis información aquí.