Convocatoria de bolsas de introdución á investigación “JAE Intro ICU” do CSIC

UVigo - Emprego 25/03/2020

A Axencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca bolsas de introdución á investigación “JAE Intro ICU”.

A finalidade das bolsas é iniciarse á carreira científica nas diferentes áreas, mediante bolsas para estancias en institutos, centros mixtos e as súas unidades (ICU) do CSIC.

A duración máxima das bolsas é de 10 meses.

Requisitos 

Estudantado universitario que estea a cursar estudos de grao, licenciatura ou máster e que teña completados, polo menos, o 50 % dos créditos (ECTS) correspondentes ao grao.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de abril de 2020.

Máis información aquí.