Convocatoria do Concello de Ribadeo de monitorado para o obradoiro "vilas coidadoras"

UVigo - Emprego 01/09/2022

O Concello de Ribadeo ten aberta unha convocatoria para impartir certificados de profesionalidade nos seguintes obradoiros de emprego:

Unha persoa para o certificado de profesionalidade “SSCB0110: Dinamización, programación e desenvolvemento de actuacións culturais” con funcións de monitora-coordinadora a tempo completo durante un ano coa categoría A2. A duración do contrato será dun ano.

Requisitos

  • Estar en posesión dunha das seguintes titulacións: licenciatura, enxeñería, arquitectura, grao, diplomatura, enxeñaría, técnico/a, arquitectura técnica ou outros títulos equivalentes.
  • Experiencia laboral mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia (técnico de servizos culturais, técnico de xestión cultural, animador cultural, ... ) e 12 meses como persoa directora/coordinadora de obradoiros de emprego.

Unha persoa para o certificado de profesionalidade “SSCS0208: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” con funcións de monitora a tempo completo durante un ano coa categoría A2. A duración do contrato será dun ano.

Requisitos

  • Estar en posesión dunha das seguintes titulacións: Diplomatura/Grao en Educación Social, Diplomatura/Grao en Traballo Social, Diplomatura/Grao en Enfermaría ou Licenciatura en Psicoloxía ou Psicopedagoxía, Licenciatura/Grao en Medicina ou outros títulos equivalentes. Tamén poden presentar a súa candidatura as persoas co título de técnico superior da familia de profesional de Servizos Socioculturais e a Comunidade.
  • Certificado de Profesionalidade de nivel 3 da Área de atención social da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
  • Experiencia laboral mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia (coidador/a de persoas dependentes en institucións, xerocultor/a, coidador/a de minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais, ...). 
  • No caso de non contar con ningunha das titulacións anteriormente indicadas: posuír 3 anos de experiencia laboral no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia (coidador/a de persoas dependentes en institucións, xerocultor/a, coidador/a de minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais, ...) e ter impartido como mínimo este certificado de profesionalidade de maneira íntegra.

Información e solicitudes

As solicitudes poderán presentarse tras a sondaxe da oficina de emprego ou directamente a través do rexistro do concello ou a través da sede electrónica da entidade: www.ribadeo.gal.Se a documentación se presentase a través do rexistro doutra administración, deberá comunicarse este extremo ao concello por fax, correo electrónico ou por escrito para os efectos de poder coñecer a dita presentación. 

O prazo de presentación de solicitudes finaliza ás 14.00 horas do día 5 de setembro de 2022.

Máis información aquí