Convocatoria de contratación en prácticas en institutos, centros e unidades do CSIC

UVigo - Emprego 21/07/2020

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca un proceso selectivo para formalizar 140 contratos para persoal técnico, 56 prazas do grupo profesional I, dirixidas a mozos e mozas con titulación universitaria e, 84 prazas do grupo profesional III, dirixidas a mozos e mozas con titulación superior de FP. 

A actividade laboral desenvolverase en distintos institutos, centros e unidades do CSIC en diversas provincias e comunidades autónomas de España, mediante a modalidade de contrato en prácticas. A finalidade dos contratos é mellorar a formación e a empregabilidade das persoas destinatarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Características dos contratos

  • A duración dos contratos é de dous anos
  • A retribución anual bruta que se percibirá nas prazas do grupo profesional I será de 21.758,10 €, para o grupo profesional III será de 14.092,16 €. 

Requisitos

  • Posuír a titulación académica esixida para cada contrato obtida nos últimos cinco anos, ou sete no caso dunha persoa con discapacidade, contados dende a data de inicio do contrato.
  • Inscrito/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non ter cumpridos os 30 anos de idade no momento de formalización do contrato.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 29 de xullo de 2020.

Máis información aquí.