Convocatoria de contrato temporal no Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

UVigo - Emprego 18/03/2020

Referencia: GRAPEVINE-20-TSP1

A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación CESGA) publica, para cubrir polo sistema de concurso, a seguinte convocatoria:

  • Posto temporal de técnico/a superior para a realización dun proxecto específico de investigación na fundación en Santiago de Compostela.

Requisitos

  • Titulación universitaria de grao, licenciatura, Enxeñaría Superior en Informática, Telecomunicación, Física ou Matemáticas.
  • Acreditación da lingua galega nivel Celga 4 ou equivalente.
  • Coñecementos de inglés, mínimo B1.


Información e solicitudes

O CESGA informa que debido á emerxencia do COVID-19 e así como establece o RD 463/2020, se interrompe o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 27 de marzo de 2020

Máis información da oferta aquí.