Convocatoria de sete bolsas de formación María Telo do Ministerio de Igualdade

UVigo - Emprego 21/10/2022

O Ministerio de Igualdade, a través do Instituto das Mulleres, realiza a convocatoria de sete bolsas de formación María Telo.

A finalidade das bolsas é a formación de persoas físicas en materias dirixidas a fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; a participación das mulleres na vida política, social, cultural e económica; e a eliminación de toda clase de discriminación por razón de sexo.

Características das bolsas

  • As bolsas finalizaran o 30 de novembro de 2023 e a súa incorporación producirase a partir do 1 de decembro de 2022.
  • A contía de cada bolsa é de 1100 € brutos mensuais.
  • Contar cun título de grao ou de licenciatura obtido, como máximo, dentro dos cinco anos previos á data de presentación de solicitudes. 

Bolsas

  • Servizo de estatística, subdirección de estudos e cooperación. Dirixida a persoas con título en matemáticas, estatística, económicas, socioloxía, políticas ou afíns.
  • Servizo exposicións, unidade de apoio. Dirixida a persoas con título en Publicidade e Relaciones Públicas ou afíns.
  • Servizo comunicación e imaxe, unidade de apoio. Dirixida a persoas con título en Periodismo, Publicidade ou Imaxe ou afíns.
  • Servizo internacional-institucional, unidade de apoio. Dirixida a persoas con título en Ciencias Xurídicas ou afíns.
  • Servizo xurídico. Secretaria xeral. unidade de apoio. Dirixida a persoas con título en Ciencias Xurídicas, Políticas ou afíns
  • Servizo de igualdade na empresa, para o emprendemento, a igualdade na empresa e a negociación colectiva de mulleres. Dirixida a persoas con título en ADE, Relacións Laborais, Ciencias Sociais e Xurídicas ou afíns.
  • Servizo igualdade na saúde, subdirección xeral de programas. Dirixida a persoas con título en Educación Social ou afíns.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de novembro de 2022.

Máis información aquí.