Curso de balde en xestión loxística en Ourense dentro do programa Emplea-T Galicia
A acción formativa en xestión loxística, actuación cofinanciada polo Fondo Social Europeo, vai dirixida tanto como a persoas empregadas como desempregadas. Consiste nunha formación de 50 horas de máis 16 horas de asesoramento personalizado coa finalidade de mellorar a empregabilidade e as competencias profesionais.
No asesoramento personalizado (16 horas) traballarase en titorías individuais segundo o perfil e as necesidades das persoas que realicen o curso, centrándose na creación dun plan de acción para a mellora da empregabilidade e o incremento das oportunidades de acceso ao mercado laboral por conta allea no caso das persoas desempregadas ou mellora das habilidades e destrezas profesionais no caso das persoas empregadas.
Cando?
A formación realizarase en Ourense entre o 9 e o 20 de decembro, de 9:00 a 14:00 horas.
A quen vai dirixido?
A persoas traballadoras ou desempregadas que queiran mellorar as súas habilidades laborais e conseguir unha melloría nos seus respectivos traballos.
Máis información e inscrición aquí.
Todas as dúbidas poderanse consultar no teléfono 988 39 15 15.