Curso de certificado profesional que habilita para o docencia de formación profesional no ámbito dos servizos socioculturais e da comunidade

UVigo - Emprego 17/12/2024

A formación está subvencionada pola Xunta de Galicia e diríxese prioritariamente a persoas desempregadas. De quedar prazas vacantes, poderían acceder persoas ocupadas.

As persoas terán dereito a unha serie de bolsas e de axudas, en función da súa situación.

Datas: do 13 de xaneiro ao 19 de maio de 2025.

Horario: de 9.00 a 14.00 horas.

Modalidade: presencial.

Lugar: centro de formación do Polígono Industrial de Castiñeiras, nave 5A, 36939 Bueu.

Máis información no teléfono de Quatro Formación: 624 422 717