Curso de comercialización e administración de produtos e servizos financeiros

UVigo - Emprego 11/05/2021

Big Formación organiza un curso gratuíto de comercialización e de administración de produtos e de servizos financeiros dentro do programa de unidades de formación da Xunta de Galicia, co compromiso de contratar polo menos o 40 % do alumnado do curso, que comezarán a traballar antes de finalizar a formación.

A competencia xeral consiste en asesorar e xestionar os produtos e os servizos financeiros a través das diferentes canles de comercialización, así como en realizar as operacións de caixa de entidades financeiras.

  • A formación comezará en xuño, en horario de 9.00 a 15.00 horas.
  • Diríxese a persoas desempregadas inscritas no Inem e menores de 35 anos
  • Lugar: Ourense.

Información e inscrición

Máis información e inscrición por correo electrónico a formacion@bigformacion.com ou por teléfono + 34 988 239 655 | 657 895 493.