Curso de consultoría TIC de formación e administración de Big Formación

UVigo - Emprego 14/07/2021

Big Formación organiza un curso de consultoría TIC de formación e administración dentro do programa de unidades de formación da Xunta de Galicia, co compromiso de contratar polo menos o 40 % do alumnado do curso, que comezará a traballar antes de finalizar a formación. 

Os contidos da formación están relacionados con aspectos administrativos e contables dun centro de formación que abarca tanto a formación subvencionada como a profesional, temas de facturación, xestión de subvencións formativas e formación bonificada.

  • A formación comezará a mediados de xullo, en horario de 9.00 a 15.00 horas 
  • Diríxese a persoas desempregadas inscritas no Inem e a menores de 35 anos
  • Lugar: Ourense.

Información e inscrición

Máis información e inscrición por correo electrónico a formacion@bigformacion.com ou por teléfono + 34 988 239 655 | 657 895 493.