Curso de consultoría TIC de formación e teleformación
Big Formación organiza un curso gratuíto de consultoría TIC de formación e teleformación dentro do programa de unidades de formación da Xunta de Galicia, co compromiso de contratar polo menos o 40 % do alumnado do curso, que comezarán a traballar antes de finalizar a formación.
- A formación comezará en xaneiro en horario de 9.00 a 15.00 horas
- Dirixida a persoas desempregadas inscritas no Inem e menores de 35 anos
- Lugar: Ourense
Información e inscrición
Máis información e inscrición por correo electrónico a formacion@bigformacion.com ou por teléfono + 34 988 239 655 | 657 895 493.