Curso e-Destrezas: Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel
Trátase dunha formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas. Está dirixida a toda a comunidade universitaria e ten unha duración de 28 horas lectivas (7 sesións de 4 horas de docencia síncrona a través do Campus Remoto).
Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento dun crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
O curso impartirase todos os venres, do 5 de febreiro ao 12 de marzo, de 10.00 a 14.00 h e o xoves 11 de marzo, de 16.00 a 20.00 h, a través do Campus Remoto.
Programa
- Operacións básicas, formatos, funcións básicas de Excel.
- Funcións avanzadas de Excel.
- Auditoría de fórmulas, control de erros.
- Gráficos.
- Vistas e impresión.
- Táboas de datos, introdución ás táboas e gráficas dinámicas.
- Análises de sensibilidade.
- Introdución á análise de datos en Excel.
- Introdución ás macros en Excel.
- Vinculación de Microsoft Excel con outras ferramentas de Microsoft Office.
Información e inscrición
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de febreiro de 2021.
Máis información e inscrición aquí.