Curso e-Destrezas: Fundamentos da edición de vídeo e son dixital para web

UVigo - Emprego 25/01/2021

Trátase dunha formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas. Está dirixida a toda a comunidade universitaria e ten unha duración de 40 horas lectivas (10 sesións de 4 horas de docencia síncrona a través de Campus Remoto).

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento dun crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

O curso impartirase os xoves e os venres, do 4 de febreiro ao 5 de marzo, en horario de 16.00 a 20.00 horas, a través do Campus Remoto.

Programa

  • Parámetros básicos da imaxe e son dixital.
  • Edición e retoque de vídeo con Shotcut.
  • Edición, captura e retoque de audio con Audacity.
  • Captura de escritorio, webcam, micrófono e dispositivos externos de vídeo con OBS.
  • Encerado dixital, modo escritorio, gravación de podcast con Openboard.
  • Transcodificación de vídeo e queimado de subtítulos no vídeo con VLC e HandBrake.
  • Creación manual de subtítulos con Aegysub e creación automática subtítulos con GDocs+YouTube.

Información e inscrición

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata 1 de febreiro de 2021.

Máis información e inscrición aquí.