Curso e-Destrezas de iniciación ás bases de datos-Microsoft Access

UVigo - Emprego 05/10/2020
  • Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria
  • Este curso ten unha duración de 20 horas lectivas de docencia síncrona a través de Campus Remoto
  • Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
  • O curso impartirase os venres, do 16 de outubro ao 13 de novembro de 2020, de 10.00 a 14.00 horas, a través de Campus Remoto

Programa

  • Introdución ao estudantado nas bases de datos e na súa utilización na vida real
  • Revisión dos fundamento do modelo entidade-relación, e os sistemas xestores de bases de datos do mercado
  • Emprego de MS Access para utilizar como base na creación de táboas, formularios, consultas e informes
  • Creación dunha pequena aplicación ao longo do curso para exemplificar os conceptos teóricos

Información e inscrición

Prazo de inscrición: ata o 13 de outubro, prazas limitadas.

Máis información e inscrición aquí.